RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera pide ''confiar no traballo que estamos a facer, que é moi bo''

Pedro Mosquera reconoció que o Dépor entró onte ante o Sporting de Gijón "un pouco fríou ao partido, sobre todo en defensa. Custáronnos dous goles que logo se fixo moi difícil remontar. Aún así

Cre que os dous goles primeiros do Sporting "foron practicamente calcados. Quizá faltou un pouco máis de concentración e intensidade ao principio do partido. A reacción do equipo foi boa. Unha pena porque fomos superiores os 90 minutos pero non puidemos levarnos ningún punto".

Advirte o centrocampista coruñés que Víctor, técnico branquiazul, "estudou moi ben o rival. Sabiamos que era un equipo que defendía moi ben pero que eles eran moi rápidos en banda e arriba. O partido estaba ben estudado. Pero nesas xogadas tiveron moito acerto. Tiraron unha vez ou dúas máis e nós vinte e pico de veces. Algunha vez será ao revés".

A xuízo de Mosquera, "amola máis a derrota de onte porque foi un partido no que fomos superiores. Ímonos coa sensación de que puidemos polo menos haber puntuado. Xa sexa porque o porteiro deles estivo moi acertado ou porque nós tivemos fallos graves, non puidemos levarnos ningún punto".

Confesou que esta mañá, na charla previa ao adestramento, "estivemos a ver todos os fallos que temos que corrixir. Vimos as cousas boas que fixemos, que foron bastantes. Agora temos o xoves outro partido, e a tentar que os fallos que tivemos non se volvan a repetir e tentar potenciar as cousas que fixemos ben e tentar gañar en Sevilla".

Lembra Pedro que "agora mesmo estamos en metade de táboa, con 5 puntos. Estamos nunha boa situación. É unha pena non sacar algún punto porque estariamos máis arriba. Agora podemos seguir crecendo moito máis, temos que ter confianza e non por perder temos que virnos abaixo. Temos que confiar no traballo que estamos a facer, que eu creo que é moi bo e ir a Sevilla a facer as cousas ben, a xogar con confianza como vimos facendo ultimamente".