RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Notable arranque do Alevín deportivista na Primeira Autonómica de fútbol once

A competición de fútbol once para o Alevín do Dépor arrancou con triunfo en Abegondo (10-0) ante o Victoria CF B. Os seus outros rivais no grupo A de Primeira Autonómica A Coruña serán o CD Calasanz A, Oza Juvenil SD B e Imperátor OAR A. O formato de competición será de liga a dobre volta.

Uxío -3-, Paulo -2-, Joel, Sergio, Alberto, Íker e Joaquín foron os goleadores branquiazuis neste partido inicial.

Alevín: Gabriel, Sergio, Xoel, Gael, Paulo, Iago Vázquez, Alberto, Yago Trigo, Joel, Joaquín e Mauro. Tamén xogaron: Mosquera, Uxío, Samuel, Íker e Ander.

O Imperátor OAR será o seguinte rival dos branquiazuis, a próxima fin de semana.