RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Novo adestramento mañá luns 10 de xaneiro para o Deportivo

Concluído o encontro ante o CF Talavera, correspondente á 18ª xornada, penúltima da primeira volta, do grupo 1º de Primeira RFEF, o Deportivo regresa aos adestramentos mañá luns 10 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo.

A xornada será suave para os que foron titulares este mediodía en ABANCA-RIAZOR; e máis intensa para o resto do cadro.

Os branquiazuis arrancarán así unha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid.