RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O adestramento desta mañá confirma a recuperación de efectivos de cara ao partido ante o Real Unión

O adestramento de hoxe venres en Abegondo confirmou a recuperación de efectivos de cara ao partido desta fin de semana en ABANCA-RIAZOR, "en referencia ao que podía ser a xornada pasada", segundo comentou ao mediodía en rolda de prensa Borja Jiménez.

O técnico deportivista repasou ante os medios de comunicación o estado dos futbolistas con problemas estes días, como Quiles e Aguirre, que esta mañá se adestraron fóra do grupo pero "xa no campo. Álvaro Rey desde onte está a facer adestramentos normais. Fomos moi precavidos con el. Non era bo que xogase tanto en Zamora como ante o Real Racing Club. Está en perfecto estado. E temos a Víctor, Trigueros e Villares. Hai que ver como evolucionan todos. Aí tivemos desde a semana pasada algún que outro contratempo pero non pasa nada. Para iso temos un cadro tan amplo, xogadores súper preparados. Xogará un ou outro. O importante é defender a camiseta independentemente do nome que poña nas costas. Iremos vendo. Quedan 48 horas aínda e a ver como temos a todos para o domingo", concluíu Borja na sala de prensa.

Con Noel, Trilli, Yeremay, Alberto e Dani Barcia como representantes hoxe de #ANOSACANTEIRA, o corpo técnico dispuxo un quecemento, rondos, un exercicio táctico no campo 2 e, para concluír, repaso a accións de balón parado.

O cambio de día e hora do partido ante o Real Unión de Irún en ABANCA-RIAZOR, de mañá sábado 5 de febreiro ás 19:00 ao domingo 6 ás 17:00, obrigou a modificar a planificación semanal de traballo do primeiro equipo. Ademais da sesión de hoxe en Abegondo, mañá sábado o equipo traballará de novo a partir das 11:00 pero xa no estadio, a porta pechada.