RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Alevín A sitúa a #ANOSACANTEIRA entre as mellores de España

O Alevín A, flamante campión galego, fixo historia na 25ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, organizado pola Fundación José Ramón de la Morena na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica de Vilarreal. Logrou unha meritoria cuarta praza, por diante de clubs punteiros como Real Madrid, Atlético de Madrid, Valencia...

Aínda por riba, o capitán deportivista, Dani Estévez, foi elixido mellor xogador do torneo.

Hoxe domingo, caeu na quenda de penaltis ante o FC Barcelona nunha grandísima semifinal, xogada de poder a poder. Adiantouse o cadro azulgrana a pouco máis de seis minutos do final grazas a un gol de Pau moi polémico, posto que nin as imaxes de televisión aclaran se o balón chegou a traspasar a raia totalmente. O colexiado do partido concedeu o tanto a instancias do seu xuíz de liña.

O Dépor non se engurrou, foise a por o empate e logrouno na última xogada do partido. Ao sacar un córner, o Barça non acerta a sacar a pelota da súa área, cae o central deportivista Lucas e este empata por toda a escuadra.

Na quenda de penaltis, os azulgrana lograron o pase, ante a tristeza branquiazul despois de xogar un gran partido.

Na final de consolación, o Levante, máis fresco e enteiro moralmente, fíxose co partido (2-0).

Onte sábado, o Alevín A apeou ao Betis e ao Valencia en oitavos e cuartos de final respectivamente. En ambos os partidos, o resultado foi de empate (1-1), pero os deportivistas estiveron máis acertados desde o punto de penalti.

O pasado venres, FC Barcelona, RC Celta, Real Sociedad e Sevilla foron os primeiros rivais do Alevín A. Só o Barça, e pola mínima (1-0), puido cos xogadores que prepara Roberto Veres. Os demais foron superados por un gran Alevín A, que tamén se adxudicou un #ONOSODERBI en miniatura ante o Celta a 1.000 quilómetros de Galicia. O equipo branquiazul pasou a oitavos de final como segundo de grupo, por detrás do líder FC Barcelona.

Os resultados do equipo que prepara Roberto Veres foron os seguintes:

Venres 1 de xuño
Primeira fase
FC BARCELONA 1 - ALEVÍN A 0
SEVILLA 1 - ALEVÍN A 2 (Pablo e Héctor)
CELTA 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)
REAL SOCIEDAD 0 - ALEVÍN A 1 (Adrián)

Sábado 2 de xuño
Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (Adrián) - BETIS 1. Por penaltis: 4-3

Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Adrián) - VALENCIA 1. Por penaltis: 4-3

Domingo 3 de xuño
Semifinais
ALEVÍN A 1 (Lucas) - FC BARCELONA 1. Por penaltis: 3-4

Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN A 0 - LEVANTE 2