RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A vence ao Xesuitinas e distánciase á fronte do subgrupo A da Primeira A Coruña

O Alevín A derrotou (4-1) ao Club Xesuitinas en partido correspondente á 7ª xornada. José Quiroga, Lucas Vázquez, Antón e Guille foron os autores dos goles branquiazuis.

Este resultado, unido ao empate nesta xornada do Atlético Coruña Montañeros CF, o seu inmediato perseguidor, fai que o Alevín A incremente a súa vantaxe á fronte da táboa: 18 puntos suman os deportivistas por 10 o 'Monta', iso si, cun partido menos xogado.

Alevín A: Martín, Hugo, Iago Varela, Guille, Lucas Vázquez, Gabri, Iago Lameiro e Pablo Somoza. Tamén xogaron: José Quiroga, Antón, Martín Forján, Pablo Vara, Javi Barral e Nico.

O Imperátor OAR, a próxima fin de semana, será o seguinte rival do Alevín A.

Os resultados do Alevín A en liga son os seguintes:

Alevín A 8 (Raúl -4-, Iago Lameiro -2-, Martín Forján e Antón) - Orillamar SD 0
Club Xesuitinas 1 - Alevín A 5 (Martín Forján -2-, Gabri, Antón e Raúl)
Alevín A 9 (Pablo Vara -2-, Iago Lameiro -2-, Raúl -2-, Martín Forján -2- e Pablo Somoza) - Imperátor OAR 0
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Alevín A 4 (Guille -2-, Gabri e Antón)
Alevín A - CF Deportivo Orzán, aprazado
Orillamar SD 0 - Alevín A 10 (Gabri -3-, Guille -3-, Raúl -2-, Martín Forján e Antón)
Alevín A 4 (José Quiroga, Lucas Vázquez, Antón e Guille) - Club Xesuitinas 1