RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín suma unha nova vitoria no Trofeo Conservas Calvo á conta do San Tirso SD

O Alevín dobregou (7-1) en Abegondo ao San Tirso SD en partido correspondente á 5ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro foron os goleadores branquiazuis.

Con este marcador, o conxunto branquiazul suma 13 puntos na zona alta da clasificación deste subgrupo.

Alevín: Lucas López, Nico, Javi Seoane, Pablo Vara, Lucas Vázquez, Raúl, Antón, Iago Varela, Pablo Somoza, Martín Forján e Gabri. Tamén xogaron: Hugo, Martín Fernández e Iago Lameiro.

A fin de semana do 9 e 10 de abril, o Alevín visitará na Coruña ao Victoria CF.

Os resultados do Alevín nesta competición son os seguintes:

Alevín 9 (Raúl -3-, José Quiroga, Nico, Iago Varela, Guille, Pablo Vara e Antón) - Atlético Coruña Montañeros CF 1
CD Lugo 2 - Alevín 2 (Martín Forján e Iago Varela)
Alevín 2 (Antón e Martín Forján) - CD Calasanz 1
Racing de Ferrol 1 - Alevín 8 (Gabri -2-, Pablo Vara, Antón, Martín Forján, Iago Lameiro, Álvaro e Raúl)
Alevín 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - San Tirso SD 1