O Benxamín B mantén ante o Sporting Burgo B a súa traxectoria inmaculada en liga
O Benxamín B colleitou un novo triunfo na Segunda Comarcal A Coruña, esta vez en Abegondo ante o Sporting Burgo B (7-3). O partido, pertencente á xornada 9ª, foi moi entretido, con dous equipos á busca do gol durante todo o choque.
Ioan -3-, Nico, Gael, Mauro e Paulo foron os autores dos goles branquiazuis.
Con este marcador, o Benxamín B lidera o grupo con 24 puntos de 24 posibles.
Benxamín B: Adrián, Gael, Iago Vázquez, Ioan, Paulo, Uxío, Nico e Mauro. Tamén xogaron: Aarón, Iago Trigo, Cristian, Sergio e Caaveiro.
O Olímpico B será o rival do Benxamín B o sábado 16 de decembro. Antes, este sábado 9, o conxunto branquiazul participará nun torneo amigable en Navalcarnero (Madrid).
Os resultados até a data do Benxamín B foron os seguintes:
Ural C 0 - Benxamín B 9 (Ioan -3-, Pablo -2-, Uxío -2-, Trigo e Yago Vázquez) Benxamín B 11 (Ronquete -3-, Sergio -2-, Ioan -2-, Gael, Trigo, Caaveiro e Uxío) - Atlético San Pedro B 0 Betanzos B 0 - Benxamín B 12 (Ioan -3-, Uxío -3-, Nico -2-, Paulo -2-, Sergio e Trigo) Benxamín B 6 (Nico -2-, Uxío -2-, Ioan e Paulo) - Calasanz C 1 Torre C 1 - Benxamín B 10 (Ioan -4-, Nico -2-, Caaveiro, Cristian, Uxío e Sergio) Benxamín B 8 (Ioan -3-, Pablo -2-, Trigo, Paulo e Gael) - Imperátor C 1 Oza Juvenil B 1 - Benxamín B 7 (Paulo -3-, Ioan -2-, Christian, Uxío e Nico) Benxamín B 7 (Ioan -3-, Nico, Gael, Mauro e Paulo) - Sporting Burgo B 3