RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete A arrinca a liga ante o Atlético Coruña Montañeros CF

O Cadete A quedou encadrado na primeira fase no subgrupo D da División de Honra, con estes rivais iniciais: Atlético Coruña Montañeros CF, Ural CF, Victoria CF e CD Calasanz.

Esta primeira parte será en formato de liga a dobre volta. Os dous primeiros clasificados deste subgrupo D pasarán á Fase polo Título, no que cada equipo se integrará nun novo subgrupo de catro equipos. Neste novo subgrupo, a liga será a unha soa volta arrastrándose os puntos da primeira fase. Os dous primeiros de cada subgrupo pasarán ás semifinais, cuxos vencedores xogarán a gran final polo título en campo neutral.

Finalmente, os equipos que non se clasificaron na primeira fase entre os dous primeiros pasarán a disputar unha competición de Copa, cuxo formato se fará público nos próximos días.

O primeiro rival do Cadete A será o Atlético Coruña Montañeros CF na Coruña, o sábado 27 de marzo (pendente de confimación).

O calendario do conxunto que prepara Nacho Lourido é o seguinte:

Xornada 1 (27/03/2021) Xornada 6 (24/04/2021)
At. Coruña Montañeros CF A Cadete A
Xornada 2 (01/04/2021) Xornada 7 (01/05/2021)
Descanso Descanso
Xornada 3 (03/04/2021) Xornada 8 (08/05/2021)
Cadete A Victoria CF
Xornada 4 (10/04/2021) Xornada 9 (22/05/2021)
CD Calasanz Cadete A
Xornada 5 (17/04/2021) Xornada 10 (29/05/2021)
Cadete A Ural Español CF