O Cadete A, campión de grupo, acaba esta primeira fase con triunfo ante o Ural Español CF
O Cadete A concluíu con triunfo (0-4) ante o Ural Español CF a súa participación no subgrupo D da División de Honra. Kevin -2-, Monteagudo e Montero foron os goleadores branquiazuis neste partido correspondente á 10ª e última xornada.
Cadete A: Rodrigo, Santi, Gabri, Monteagudo, Rubén, Pedro, Montero, Marco Baña, Kevin, Montero e Álex Delgado. Tamén xogaron: Dani Sierra e David Domínguez.
O equipo que dirixe Nacho Lourido é campión con 24 puntos de 24 posibles; por 12 dos uralistas, segundos na táboa. O Cadete A ten ademais un claro balance goleador: 31 tantos a favor e tan só 4 en contra.
A partir de agora, Cadete A e Ural Español CF, os dous primeiros deste grupo, acceden á Fase polo Título, no que cada equipo se integrará nun novo subgrupo de catro equipos. Neste novo subgrupo, a liga será a unha soa volta arrastrándose os puntos da primeira fase. Os dous primeiros de cada subgrupo pasarán ás semifinais, cuxos vencedores xogarán a gran final polo título en campo neutral.
Os resultados do Cadete A de Nacho Lourido no subgrupo D da División de Honra foron os seguintes:
Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado) Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0 CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero) Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1 Cadete A 2 (Kevin e Álex Delgado) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0 Victoria CF 1 - Cadete A 2 (Pedro e Ogando) Cadete A 4 (Gabri, Kevin, Montero e Álex Delgado) - CD Calasanz 2 Ural Español CF 0 - Cadete A 4 (Kevin -2-, Monteagudo e Montero)