RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A compite na sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña

O Cadete A, que acaba de terminar como subcampión a liga en División de Honra, desprázase este sábado 10 de xuño a Moraña (Pontevedra), para participar na sétima edición do Torneo Internacional Concello de Moraña.

A competición dispútase no campo municipal de Mirallos, a partir das 9:45 horas.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co Vitoria Sport Clube de Portugal e o Coruxo FC.

O calendario de partidos é o seguinte:

10:35: CORUXO - CADETE A
13:55: CADETE A - VITORIA SPORT CLUBE

En horario de tarde, o primeiro de grupo xogará a gran final do torneo contra o primeiro do grupo A, que está formado por Sporting Clube de Braga, Celta e Pontevedra.

Os segundos de grupo disputarán a final de consolación e os terceiros, pelexarán polo quinto posto.