RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Cadete B de Liga Galega abre mañá venres a xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres coa visita do Cadete B ao SCD Milagrosa, en partido correspondente á 19ª xornada no grupo norte da Liga Galega.

A fin de semana ten como punto central de interese o mini derbi de Segunda División B entre o RC Celta B e o Fabril, dous equipos con urxencias clasificatorias.

Tralo debut o pasado sábado de Ignacio Abeledo, Sergio Pellicer poderá contar con dous reforzos máis: Arturo Segado, xa coa súa documentación en regra, e Carlos Ramírez 'Leto', fichado esta mesma semana do Club Lleida Esportiu.

Ademais, dous equipos poden ser campións da Segunda Comarcal A Coruña: Alevín B e Benxamín B. Para iso, deben gañar o seu partido do sábado ante Victoria CF C (10:30) e CF Deportivo Orzán C (12:30) respectivamente e así non depender doutros resultados.

Xogan en Abegondo o sábado 19 o Xuvenil B (16:30), Cadete A (16:00) e Infantil B (11:00); e o domingo 20 o Infantil A (11:00).

Para os partidos do Xuvenil B, Cadete A e Infantil A, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público debe pagar 3 euros por entrada.

Ademais do citado Cadete B, compiten lonxe de Abegondo o Deportivo ABANCA B (en Ribadumia) e Xuvenil A (en Nigrán), ambos o domingo.

Por outra banda, o Alevín A inicia este sábado a Fase Final da Liga Comarcal coa eliminatoria de oitavos de final, a dobre partido. O Imperátor OAR será o rival.

Finalmente, dous equipos branquiazuis, Benxamín A e Benxamín B, disputarán un interesante amigable este domingo en Abegondo ante o FC Porto (13:30 horas).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
21ª xornada: RC CELTA B - FABRIL, o domingo 20 de xaneiro ás 16:00 en Barreiro (Vigo)
Clasificación: ...14. Burgos CF, CF Salmantino e RC Celta B, 22 puntos; 17. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 18. AD Unión Adarve, 20 puntos; 19. Rápido de Bouzas, 17 puntos; 20. Fabril, 14 puntos...

Categoría feminina
17ª xornada: UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de xaneiro ás 17:00 no campo da Bouza (Barrantes - Ribadumia)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 46 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 42 puntos...

Categoría xuvenil
20ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL A, o domingo 20 de xaneiro ás 12:15 no campo de Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 34 puntos; 5. Real Oviedo, 33 puntos; 6. Ural CF, 32 puntos; 7. Xuvenil A, 31 puntos; 8. Atlético Perines, 29 puntos...

19ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL CF, o sábado 19 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 36 puntos; 4. Xuvenil B, CD Choco e CD Conxo Santiago, 32 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 31 puntos; 8. Racing Villalbés, 30 puntos...

Categoría cadete
19ª xornada: CADETE A - CORUXO FC, o sábado 19 de xaneiro ás 16:00 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 48 puntos; 2. Cadete A, 47 puntos; 3. Ural CF, 35 puntos...

19ª xornada: SCD MILAGROSA - CADETE B, o venres 18 de xaneiro ás 17:30 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Liga Galega: ... 3. Racing Villalbés, 39 puntos; 4. Cadete B, 34 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 32 puntos; 7. Bergantiños CF B, 31 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título da Liga Galega, 2ª xornada: INFANTIL A - XUVENTUDE DE OROSO, o domingo 20 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

21ª xornada: INFANTIL B - VICTORIA CF B, o sábado 19 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 60 puntos; 2. Ural CF B, 52 puntos...

Categoría alevín
Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A, 31 puntos; 2. Ural CF A, 26 puntos...

Oitavos de final da Liga Comarcal, ida: IMPERATOR OAR A - ALEVÍN A, o sábado 19 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo nº 2)

9ª xornada e última: VICTORIA CF C - ALEVÍN B, o sábado 19 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B e Ural CF C, 22 puntos; 3. CD Calasanz C, 16 puntos...

Categoría benxamín
9ª xornada: ATLÉTICO CASTROS - BENXAMÍN A, o sábado 19 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 22 puntos; 2. CD Calasanz A, 21 puntos; 3. Ural CF A, 18 puntos...

Amigable: BENXAMÍN A - FC PORTO, o domingo 20 de xaneiro ás 13:30 en Abegondo (campo de 6 de fútbol 7)

9ª xornada e última: CF DEPORTIVO ORZÁN C - BENXAMÍN B, o sábado 19 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 22 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C, 21 puntos; 3. Ural CF C, 20 puntos...

Amigable: BENXAMÍN B - FC PORTO, o domingo 20 de xaneiro ás 13:30 en Abegondo (campo 6 de fútbol 7)