RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B, falto de rodaxe, arrinca a liga Galega con mal pé

O Cadete B caeu ante o Calasanz B (4-1) en partido correspondente á 1ª xornada do grupo 1º da liga Galega disputada en San Pedro de Visma (A Coruña).

Os branquiazuis mostraron falta de rodaxe e sufriron así a súa primeira derrota da temporada. Pablo Trigo foi o autor do único tanto deportivista.

Cadete B: Manu, Alexis, Martín, Eloy, Hugo García, Xosé, Iván, Nils, Matos, Jacobo e Trigo. Tamén xogaron: Álex e Dani.

Este mércores 12 de setembro ás 19:00, o Cadete B recibe en Abegondo ao SCD Milagrosa, en choque da 2ª xornada.