RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete B non falla en Vilalba

O Cadete B non desaproveitou a oportunidade e, con todo merecemento, tróuxose o tres puntos de Vilalba, no choque da 6ª xornada do grupo 1º da liga Galega. Hugo, Mouriño e Iago -2- foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este resultado, o Cadete B é cuarto na táboa con 13 puntos, a 5 puntos do líder Atlético Coruña Montañeros, que ten actualmente 18.

Cadete B: Ríos, Mouriño, Sergio, Edu, Buján, Melide, Álex, Xavi, Jorge, Hugo e Iago. Tamén xogaron: Bocija, Martín, Padín e Íker.

En dous días, o equipo deportivista afrontará a 7ª xornada ligueira, en Abegondo o sábado 14 de outubro (12:00) ante o Santiago de Compostela B.

Os resultados do Cadete B ata a data son os seguintes:

Cadete B 1 (Hugo Suárez) - Xuventude de Oroso 1
Galicia de Caranza 1 - Cadete B 3 (Hugo Suárez -2- e Jorge)
Cadete B 3 (Hugo, Jorge e Nils) - Racing de Ferrol B 1
Lugo B 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 (Iago -3- e Hugo) - EF Lalín 2
Racing Villalbés 0 - Cadete B 4 (Hugo, Mouriño e Iago -2-)