RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O cadro goza nun ambiente distendido antes do último ensaio de mañá venres en ABANCA-RIAZOR

O Dépor rebaixou esta mañá o ritmo de traballo antes do último ensaio de mañá venres ás 10:30 en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, de cara á visita do Unionistas de Salamanca CF, na última xornada de liga no grupo 1º de Primera RFEF deste sábado 28 de maio ás 18:30 no Estadio (TVG-2, Footters e Fuchs Sports).

Borja Jiménez dispuxo uns rondos e un xogo de finalizacións antes das tarefas de recuperación no ximnasio e na padiola dos fisioterapeutas habituais 48 horas antes de cada cita oficial.

Diego Villares, en rolda de prensa, explicou que o grupo aínda non nota eses nervios do playoff porque "estamos nesta semana un pouquiño máis tranquila. E iso axuda a que haxa un ambiente máis distendido antes desas dúas semanas nas que si se van a notar un pouquiño máis".

Iso si, subliñou ante os medios de comunicación que o nivel nos adestramentos mantense sempre "competindo ao máximo en cada sesión e en cada exercicio".

Víctor, Rafa de Vicente e Trilli tiveron adestramento personalizado; mentres que Noel, Yeremay, Alberto e Brais Val foron, á marxe de Trilli, a representación de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

A xornada finalizou cun asado para xogadores e técnicos na propia instalación branquiazul.