RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CD Barco aproveita os erros defensivos do Fabril para levar os 3 puntos

O CD Barco aproveitou á perfección os erros defensivos do Fabril para levar os 3 puntos de Abegondo (2-3), en partido correspondente á 6ª xornada no grupo 1º de Terceira División.

Os fabrilistas adiantáronse por dúas veces no marcador, con tantos de Aarón Sánchez e Parga, pero os pupilos de Luisito non tiveron hoxe o seu día tanto en defensa como en ataque.

Con este resultado, o Fabril é sétimo na táboa con 8 puntos.

Fabril: Boian, Eimil, Martí Vilà, Mujaid, Parga, Gandoy, Aarón, Kanoute, Mario Losada, Villares e Pedro. Tamén xogaron: Bourdal, Jawed Boumeddane e Novo.

A próxima fin de semana, a Fabril visita ao Bergantiños CF.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3