RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Club, representado no Alevín A, participa no Torneo Solidario Escola de Fútbol de Silleda

O Deportivo, representado polo seu Alevín A, participará este domingo 20 de febreiro no Torneo Solidario Escola de Fútbol Silleda que se xoga no campo do Outeiriño.

Así, todos os asistentes deberán doar un quilo de alimentos non perecedoiros ou pagar unha entrada de dous euros, que irán destinados ao Banco de Alimentos.

Os rivais do Alevín A serán o Pabellón CF, Bertamiráns FC, Selección do Deza, Escola Estrada FB, Cidade de Ribeira CF e RC Celta. O formato de competición será de liga todos contra todos, con este calendario:

10:30: PABELLÓN CF - ALEVÍN A (campo 2)
10:55: BERTAMIRÁNS FC - ALEVÍN A (campo 1)
11:20: SELECCIÓN DO DEZA - ALEVÍN A (campo 1)
12:10: ESCOLA ESTRADA FB - ALEVÍN A (campo 1)
13:00: ALEVÍN A - CIDADE DE RIBEIRA CF (campo 1)
13:50: ALEVÍN A - RC CELTA (campo 1)