RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA arranca a segunda semana de pretemporada que concluirá co amigable en Portugal

O Deportivo ABANCA inicia hoxe luns na Cidade Deportiva a súa segunda semana de pretemporada.

Irene Ferreras, adestradora deportivista, dispuxo sete sesións de traballo en Abegondo. Haberá dous días, mañá martes 2 e xoves 4, con dobre quenda: 11:00 e 17:30 horas.

A semana concluirá o sábado 6 de agosto co primeiro test de pretemporada, en Portugal ante o Valadares Gaia FC, equipo que compite na Primeira División lusa. En xogo estará o Trofeo Cidade de Gaia.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 1 de agosto
11:00 h.

Martes 2 de agosto
11:00 h. e 17:30 h.

Mércores 3 de agosto
11:00 h.

Xoves 4 de agosto
11:00 h. e 17:00 h.

Venres 5 de agosto
11:00 h.

Sábado 6 de agosto
18:00: Valadares Gaia FC - Deportivo ABANCA, no Estadio da Lavandeira