RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B cae no último minuto pero dependerá de si mesmo para ser campión

O Deportivo ABANCA B caeu no último minuto (1-2) ante o Viaxes InterRías FF, equipo que se presentaba en Abegondo como segundo clasificado con 4 puntos de desvantaxe sobre as deportivistas.

Patri López adiantou ao Deportivo ABANCA B, pero as pontevedresas conseguiron darlle a volta ao encontro cun segundo gol ademais no tempo de desconto.

A pesar da derrota, o cadro que prepara Kevin Cabado depende de si mesmo para ser campión o vindeiro domingo no último partido de liga na Primeira Autonómica: o Deportivo ABANCA B, que ten 80 puntos, precisa gañar na súa visita ao Sárdoma CF B. Pola súa banda, o Viaxes InterRías FF, que ten 79 puntos, recibe no seu campo ao CP Alertanavia.

Deportivo ABANCA B: Jessica, Michelle Clemente, Sofía, Laura Rivas, Patri Díaz, Sara, Alba Suárez, Lara, Patri López, Antía e María Calvo. Tamén xogaron: Anita, Lucía, Ainhoa, Andrea e Bermúdez.

A liga transcorre así para o equipo que dirixe Kevin Cabado:

Antas SD 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Patri López -5-, Alba Suárez e 2 xogadoras rivais en propia meta)
Deportivo ABANCA B 2 (Michelle Clemente e Sara Piñeiro) - Umia CF 0
Arcadia EF 0 - Deportivo ABANCA B 4 (Lucía, Sofía, María Calvo e Alba Suárez)
Deportivo ABANCA B 6 (María Calvo -2-, Ainhoa -2-, Alba Suárez e Sara Piñeiro) - Orzán SD 1
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Michelle Clemente -2-, Alba Suárez, Carlota e Patri López)
Deportivo ABANCA B 3 (Antía, Alba Suárez e Alba Martínez) - UD Mos 1
SD Tordoia 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -3-, Lucía -2-, Patri López, Michelle Clemente e Lara)
Deportivo ABANCA B 8 (Lucía -3-, Antía -2-, María Calvo, Carlota e Rivas) - SCD Milagrosa 0
Victoria FC B 1 - Deportivo ABANCA B 4 (Alba Suárez -2-, Sara Piñeiro e Alba Martínez)
Deportivo ABANCA B 12 (Patri López -4-, Lucía -2-, Alba Suárez -2-, Rivas, Sara Piñeiro, Alba Martínez e Lara) - CF Deportivo Orzán 0
Victoria CF B 0 - Deportivo ABANCA B 4 (María Calvo, Alba Suárez, Alba Martínez e Patri López)
Deportivo ABANCA B 6 (Michelle Clemente, Sara, Antía, Carlota, Alba Suárez e Alba Martínez) - SCD Pastoriza 0
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Carlota, Antía, Lara e María Calvo) - CP Alertanavia 0
Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Antía e Patri López)
Deportivo ABANCA B 9 (Alba Suárez -3-, Patri López, Carlota, Lucía, Michelle Clemente, Ainhoa e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF B 0
Deportivo ABANCA B 3 (María Calvo, Michelle Clemente e Alba Suárez) - Antas SD 0
Umia CF 2 - Deportivo ABANCA B 3 (Alba Suárez, Patri López e Michelle Clemente)
Deportivo ABANCA B 5 (María Calvo -3-, Sofía e Andrea) - Arcadia EF 0
Orzán SD 4 - Deportivo ABANCA B 4 (Sara Piñeiro, Patri López, Lara e Lucía)
Deportivo ABANCA B 3 (Carlota, Patri López e Lucía) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Sara Piñeiro)
Deportivo ABANCA B 6 (Alba Suárez -2-, Alba Martínez, Carlota, María Calvo e Antía) - SD Tordoia 0
SCD Milagrosa 0 - Deportivo ABANCA B 8 (Alba Suárez -4-, Lara, Carlota, Patri Díaz e Alba Pérez)
Deportivo ABANCA B 2 (María Calvo e Patri López) - Victoria FC B 1
CF Deportivo Orzán 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Patri Díaz -2-, María Calvo -2-, Antía -2- e Lara)
Deportivo ABANCA B 4 (Patri López -2-, Sara Piñeiro e Andrea) - Victoria CF B 0
SCD Pastoriza 0 - Deportivo ABANCA B 10 (Lara -2-, Antía -2-, Alba Suárez, Carlota, Sara Piñeiro, Ainhoa, Sofía e Lucía)
CP Alertanavia 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Patri López -2-, María Calvo, Bermúdez e Antía)
Deportivo ABANCA B 1 (Patri López) - Viaxes InterRías FF 2