RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B volve á competición cun contundente triunfo en Villestro

Despois dun confinamento, varios casos de COVID e dous adiamentos, o Deportivo ABANCA B regresou á competición no grupo 1º de Primeira Nacional cun contundente triunfo (0-5) ante o SD Villestro, pechacancelas do grupo.

Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez foron as goleadoras branquiazuis deste choque correspondente á 18ª xornada.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', Paula Novo, María Calvo, Uxía, Laura Testa, Marta Rico, Carmen Carballada, Trillo, Laura Otero e Paula Monteagudo. Tamén xogaron: Marta Méndez, Andrea Ansede, Noela, Mar Sierra e Abril Pazos.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 29 puntos na cuarta posición da clasificación, iso si, con dous partidos menos xogados. Precisamente un deses dous encontros, o do CF Versalles, xa ten data para a súa celebración: sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo.

A próxima semana hai parón ligueiro. En quince días, as xogadoras que dirixe Kevin Cabado reciben na Cidade Deportiva ao UD Mos.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B - CF Versalles, o sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo
CD Olímpico de León - Deportivo ABANCA B, aprazado
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)