RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA concluíu hoxe a primeira semana cun adestramento, acto no DéporCampus Cabreiroá e unha comida

O Dépor ABANCA concluíu hoxe venres 29 de xullo a súa primeira semana de pretemporada.

O equipo que prepara Irene Ferreras completou esta mañá a última sesión da semana, posto que pola tarde finalmente non houbo adestramento; e mañá sábado e o domingo serán xornadas de descanso. O cadro adestrarase de novo o luns 1 de agosto ás 11:00 horas na Cidade Deportiva.

Ás 13:00 horas, a adestradora deportivista, acompañada polas xogadoras Cris, Paula Gutiérrez, Inés Altamira, Ainhoa Marín, Henar e Carlota Sánchez compartiron cos nenos e nenas da quinta quenda do DéporCampus Cabreiroá 2022 de Abegondo, un acto sempre emocionante, a entrega de diplomas.

A xornada de hoxe venres finalizou cunha comida para todo o cadro de técnicos e xogadoras; unha actividade importante nestes primeiros días nun grupo aínda en construción.

Irene Ferreras, na súa primeira rolda de prensa, alertou de que "hai que ter en conta a adaptación que sofren moitas das incorporacións, que non só é o equipo, é a nova cidade, a nova vivenda, novos hábitos... Todas esas cousas hai que telas en conta tamén. Un pouco o obxectivo desta primeira semana é a adaptación, que as veteranas nos axuden a todos a aterrar o mellor posible e que pouquiño a pouco vaiámonos atopando nesa normalidade e nese estado óptimo de cada xogadora".

O pasado luns 25 de xullo, o cadro branquiazul foi sometido a unha primeira avaliación física no ximnasio da Cidade Deportiva.

O martes 26, as xogadoras deportivistas pasáronse en tres quendas desde as 8:00 polo centro Quirónsalud de ABANCA-RIAZOR para as pertinentes probas médicas, analítica incluída, a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo. Pola tarde, ás 17:30, tivo lugar o primeiro adestramento na Cidade Deportiva.

O mércores, Antonio Couceiro, Presidente do RC Deportivo, deu a benvida ao equipo no vestiario. O máximo dirixente deportivista tivo a oportunidade de saudar ás veteranas do equipo e coñecer ás novas incorporacións.