RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este sábado ao País Vasco para visitar ao SD Eibar o domingo ás 12:00

O Deportivo ABANCA viaxa este sábado 4 de febreiro por estrada ao País Vasco despois de adestrar no Monte para visitar nas instalacións de Unbe ao SD Eibar o domingo 5 de febreiro ás 12:00, correspondente á 19ª xornada en Primera Federación FutFem.

A xornada entre semana deixou ás Nosas líderes en solitario da categoría con 37 puntos, por diante do CP Cacereño (2º con 35 puntos) e do FC Barcelona B e SD Eibar (3º e 4º respectivamente con 34 puntos).

O regreso á Coruña da expedición branquiazul será tralo partido.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 4 de febreiro
9:15: Adestramento no campo do Monte
12:00: Saída en autocar de Abegondo
20:00 (horario aproximado): Chegada ao hotel Unzaga Praza de Eibar

Domingo 5 de febreiro
12:00: SD Eibar - Deportivo ABANCA, en Unbe
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña