RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA divírtese en The Rombo Code e repón forzas en Sanbrandan Lunch

Nada máis concluír o encontro do pasado sábado ante o DUX Logroño en ABANCA-RIAZOR, Miguel Llorente, técnico do Deportivo ABANCA, asegurou que gañando os dous partidos que restan no grupo norte de Reto Iberdrola (Real Oviedo e Atlético de Madrid B), o equipo branquiazul regatearía o play out, no que agora mesmo está inmerso.

Pois ben, o corpo técnico branquiazul quere que as súas futbolistas cheguen a estas dúas finais en plenitude de condicións físicas e mentais. Para iso, hoxe xoves o Deportivo ABANCA viviu unha xornada diferente, idónea para recargar baterías.

En lugar do céspede de Abegondo, as futbolistas branquiazuis, do mesmo xeito que os xogadores do primeiro equipo masculino hai quince días, realizaron un xogo de Escape Room, por xentileza da empresa The Rombo Code, situada no polígono coruñés da Grela e especializada en eventos de empresa e celebracións particulares.

As xogadoras, divididas en varios grupos e utilizando a lóxica e o traballo en equipo, tiñan que escapar dunha habitación nun tempo establecido. María Ruíz, Goretti, Raquel García, Ainhoa Marín, Paula Gutiérrez e Aroa Guerra integraron o grupo máis rápido.

A xornada concluíu cunha comida para futbolistas e técnicos no Sanbrandan Lunch situado na tenda FNAC da praza de Lugo, idóneo para repor forzas coa ampla variedade de comidas e bebidas saudables que a firma coruñesa dispón nos seus establecementos Lunch.

Desta forma, o adestramento que se ía a realizar hoxe sobre o céspede da Cidade Deportiva trasladouse ao sábado 21 ás 11:00 horas, antes de viaxar pola tarde a Asturias para visitar o domingo 22 de maio ao Real Oviedo a partir das 11:30, en choque retransmitido en directo a través da canle de YouTube de Área 21 TV.