RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA encara o partido copeiro en Vigo con 10 xogadoras do filial

O Deportivo ABANCA, co gran obxectivo do ascenso á Liga Iberdrola cumprido, céntrase xa na Copa Galicia.

O conxunto branquiazul retoma a competición copeira con dobre choque: mañá venres 24 de maio en Vigo ante o Sárdoma CF (20:00 horas), en partido correspondente á 4ª xornada no grupo 1º; e o sábado 25 en Abegondo, con entrada libre para os afeccionados, ante o Victoria FC de Santiago (18:00 horas), en partido correspondente á 6ª xornada.

O técnico deportivista citou para o choque de mañá venres a estas xogadoras, entre as que están 10 futbolistas do filial, o Dépor ABANCA B: Anita, Miralles, Peke, Teresa Abelleira, Érika, Raquel, Patri López, Lía, Laura Rivas, Sofía, Carlota, María Calvo, Andrea Agulló, Lucía, Ainhoa e Antía.

O Dépor ABANCA é líder do grupo con 9 puntos nos seus tres partidos xogados. O Atlántida de Matamá tamén ten 9 puntos, aínda que con 2 partidos máis disputados. Con 7 puntos é terceiro o Sárdoma CF, tamén con 2 partidos máis xogados que as pupilas de Manu Sánchez.