RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA estrea liderado este domingo en Abegondo ante o CD Oceja

O Deportivo ABANCA estrea o liderado do grupo 1º de Segunda División Nacional este domingo 11 de novembro en Abegondo (12:00 horas) ante o CD Oceja, en partido correspondente á 9ª xornada no grupo 1º de Segunda División Nacional.

As deportivistas están á fronte da táboa por primeira vez nesta liga, trala súa vitoria fronte ao CD Valladares (0-5) onte domingo e o empate do Oviedo Moderno CF (1-1) no campo do Monte.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, e 3 euros para os menores de 14 anos.

Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo 4 sesións de adestramento na Cidade Deportiva, cos seguintes horarios:

Martes 6 de novembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Mércores 7 de novembro
20:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 8 de novembro
20:30: Adestramento en Abegondo

Venres 9 de novembro
19:00: Adestramento en Abegondo

Domingo 11 de novembro
12:00: Deportivo ABANCA - CD Oceja, en Abegondo (campo 1)

Despois de 8 partidos, Deportivo ABANCA e Oviedo Moderno CF marchan na cabeza con 22 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ás deportivistas: +41 por +28 das ovetenses.