RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA prepara desde mañá martes a visita ao Real Oviedo deste domingo 22 ás 11:30

O Dépor ABANCA, que hoxe luns ten xornada de descanso, comeza mañá martes a preparar a visita do domingo ás 11:30 ao Real Oviedo nas instalacións deportivas Hortensio Fernández Extravís (HFE) 'Tensi' da capital asturiana, en partido da 29ª xornada do grupo norte de Reto Iberdrola televisado a través da canle de YouTube de Área 21 TV.

A 28ª xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante o DUX Logroño (0-0), deixou ao equipo branquiazul sétimo na clasificación con 47 puntos, a 2 puntos do SE AEM, quinto e último equipo en evitar agora mesmo o playout.

"Quedan dous partidos e hai que gañar os dous. Se gañamos os dous estamos fóra do playout", asegurou Miguel Llorente aos medios de comunicación finalizado o choque do pasado sábado ante as rioxanas.

O técnico deportivista dispuxo catro sesións de traballo matinais en Abegondo, con esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Martes 17 de maio
11:30 h.

Mércores 18 de maio
11:30 h.

Xoves 19 de maio
11:30 h.

Venres 20 de maio
11:30 h.

Domingo 22 de maio
11:30: Real Oviedo - Deportivo ABANCA, nas instalacións deportivas HFE Tensi