RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA retoma mañá o traballo coa vista posta nun rival directo, o DUX Logroño

O Deportivo ABANCA, que hoxe goza de xornada de descanso, arranca mañá mércores unha nova semana de competición coa mirada posta no partido ante o DUX Logroño deste sábado 24 de setembro ás 12:00 en Abegondo, correspondente á 3ª xornada en Primera Federación FutFem.

As branquiazuis son terceiras na táboa con 4 puntos, os mesmos que o DUX Logroño, segundo clasificado por mellor diferencia de goles. Tamén alcanzaron esa puntuación CD Juan Grande Ginelux, FC Barcelona B, UDG Tenerife B e SD Eibar.

Por arriba marcha o CDF Osasuna Femenino, único equipo da categoría capaz de sumar dúas vitorias nestes dous primeiros partidos, o que demostra o parella que vai ser a competición.

Irene Ferreras citou ás súas futbolistas mañá mércores 21 de setembro á hora habitual, as 8:45, na Cidade Deportiva para unha sesión que arrancará no céspede a partir das 10:00 horas. Antes de saltar ao campo de adestramento, o cadro realiza cada día tarefas previas como ximnasio e vídeo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 21 de setembro
10:00 h.

Xoves 22 de setembro
10:00 h.

Venres 23 de setembro
10:00 h.

Sábado 24 de setembro
12:00: Deportivo ABANCA - DUX Logroño, en Abegondo