RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor adéstrase de novo mañá domingo ás 10:30 en Abegondo

Concluído o partido en ABANCA-RIAZOR ante Unionistas de Salamanca CF e con iso a liga no grupo 1º de Primeira RFEF, o Dépor céntrase no play off de ascenso a Segunda División.

Borja Jiménez citou ao seu cadro mañá domingo 29 de maio ás 10:30 en Abegondo nunha sesión que será máis intensa para os que non actuaron esta tarde de inicio ante o conxunto salmantino.

O vindeiro sábado 4 de xuño ás 21:00, o Deportivo medirase ao Linares Deportivo, quinto clasificado no grupo 2º, na semifinal polo ascenso. Ao quedar o cadro branquiazul subcampión do seu grupo, en caso de chegarse ao final do tempo regulamentario e da prórroga igualados no marcador, será o Dépor o que pase á final.