RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afronta #ONOSODERBI con 19 futbolistas, incluído Adrián

Clarence Seedorf citou a 19 futbolistas para #ONOSODERBI de mañá sábado 5 de maio en Balaídos (18:30 horas, Bein LaLiga), en partido correspondente á 36ª xornada de LaLiga Santander.

Entre os convocados está Adrián, que non puido xogar ante o Barça o pasado domingo pola contusión que sufriu nun pé. Quedan fóra da convocatoria por lesión Sidnei e Eneko Bóveda.

No adestramento desta tarde, co xuvenil Mujaid, houbo un traballo de posesión; un partido táctico 11 contra 11, co técnico holandés impartindo constantes instrucións; e, para finalizar, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

O traballo sobre o céspede acabou con disparos a portería para os futbolistas de ataque.

Os convocados concéntranse esta noite no Hotel Meliá María Pita e mañá sábado, ao longo da mañá, desprázanse a Vigo.