RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor apunta desde mañá mércores ao AD Mérida

Trala xornada de descanso de hoxe martes, o Dépor volve aos adestramentos mañá mércores a partir das 10:30 en Abegondo para comezar a preparar a próxima cita en Primera Federación, o sábado 4 de febreiro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o AD Mérida, en partido correspondente á 22ª xornada.

A última xornada deixou a Os Nosos en 4ª posición da táboa con 39 puntos, por detrás do Córdoba CF (40 puntos), Real Madrid Castilla (41 puntos) e AD Alcorcón (43 puntos).

Para preparar o choque ante os estremeños, Óscar Cano disporá de tres sesións de traballo matinais, dous delas en Abegondo e a do venres 3 de febreiro en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada.

Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, os futbolistas están citados ás 9:00 para almorzar xa na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 1 de febreiro
10:30 h., en Abegondo

Xoves 2 de febreiro
10:30 h., en Abegondo

Venres 3 de febreiro
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Sábado 4 de febreiro
19:00: Deportivo - AD Mérida, en ABANCA-RIAZOR