RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arrancou esta tarde unha semana longa de preparación para a visita do CD Tudelano a ABANCA-RIAZOR

Despois de longa fin de semana de descanso debido a que tocaba medirse ao desaparecido Extremadura UD, o Deportivo comezou esta tarde en Abegondo a preparar a visita do CD Tudelano a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 14 de maio ás 17:00 (TVG-2, Footters e Fuchs-Sports).

A pasada 35ª xornada, cos 3 puntos sumados por decreto da RFEF, deixa ao Dépor segundo na clasificación do grupo 1º de Primeira RFEF con 68 puntos por 65 do Racing de Ferrol, terceiro. Máis atrás está o RC Celta B. cuarto con 59.

Con Víctor, Doncel e Antoñito fóra do grupo, o traballo desta calorosa tarde foi basicamente de activación despois de tres días libres, cun quecemento, un traballo de posesión con porterías pequenas e partidos en espazo reducido.

Noel, Trilli, Yeremay e Alberto foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Ademais da de hoxe, Borja Jiménez terá catro sesións máis de traballo, unha delas, a do venres 14, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Cada vez que haxa actividade matinal na Cidade Deportiva, o cadro reúnese para almorzar nas instalacións habilitadas para tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 9 de maio
17:00 h., en Abegondo

Martes 10 de maio
10:30 h., en Abegondo

Mércores 11 de maio
10:30 h., en Abegondo

Xoves 12 de maio
10:30 h., en Abegondo

Venres 13 de maio
9:45 h., en ABANCA-RIAZOR

Sábado 14 de maio
17:00: Deportivo - CD Tudelano, en ABANCA-RIAZOR