RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor axusta o punto de mira de cara a Valladolid

O Deportivo fixo especial fincapé en axustar o punto de mira de cara á próxima cita ligueira, o sábado 21 de maio ás 18:30 (Footters e Fuchs-Sports), en horario unificado, ante o Real Valladolid Promesas no Anexo ao Estadio José Zorrilla. Será a 37ª xornada, penúltima, na liga.

Así pois, Borja Jiménez dispuxo como unha das tarefas da xornada de hoxe un exercicio de finalizacións, co cadro dividido en dous grupos.

A continuación, o corpo técnico comezou a perfilar a folla de ruta para o choque ante o filial valisoletano cunha serie de partidos no campo 2.

Víctor e Trilli realizaron traballo individualizado; mentres que Noel, Yeremay e Alberto, ademais, do citado Trilli, foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 19 de maio o Dépor repetirá sesión a partir das 10:30 na Cidade Deportiva.