RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor baixa a carga física a dous días de visitar ao Real Valladolid Promesas

A dous días de visitar ao Real Valladolid Promesas, este sábado sábado 21 de maio ás 20:30 (Footters e Fuchs-Sports) no Anexo ao Estadio José Zorrilla, o Dépor rebaixou esta mañá a carga física no campo 2 da Cidade Deportiva.

O corpo técnico dispuxo unha serie de xogos con e sen balón; e exercicios de remates a portería para concluír o traballo sobre o céspede.

Víctor e Trilli realizaron traballo individualizado; mentres que Noel, Yeremay e Alberto, ademais do citado Trilli, foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá venres 20 de maio o Dépor adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 10:30. Ao concluír, Borja Jiménez dará a lista de convocados que pola tarde se desprazarán por estrada a Valladolid.