RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor colle rodaxe en Ordes de face ao tramo decisivo da liga

O Deportivo aprovechó o amigable desta noite en Ordes (0-2) para coller rodaxe de face ao tramo decisivo da liga. Borja e Cardoso, os dous na segunda metade, anotaron os goles branquiazuis, nun adestramento más dunha semana sen fútbol

O Deportivo saltou ao céspede de Vista Alegre con futbolistas que tiveron ata a data menos minutos en Liga: Lux, Manuel Pablo, Canella, Borja López, Laure ou Juan Domínguez.

O obxectivo de Víctor Fernández é manter á totalidade do persoal con ritmo de xogo, de face á pelexa pola salvación, no que todos os futbolistas van ser importantes.

Na primeira parte, como é lóxico, o dominio territorial e de xogo correspondeu ao Deportivo. Foron os branquiazuis os que dispuxeron as mellores oportunidades, principalmente nas botas de Toché, Conca e Lucas.

Víctor Fernández ensaiou unha defensa de tres centrais, con Manuel Pablo, Borja e Insua; con dous carrileros de percorrido: Laure e Canella.

O Ordenes exhibiu boa orde defensiva e tentou contragolpear á meta de Lux.

Na segunda metade, o Dépor modificou o seu esquema e pasou a xogar cunha liña de catro traseiros. Saíron xa de inicio os fabrilistas David, Queijeiro e Cardoso. Ás Ordes fraqueáronlle as forzas e baixou o seu rendemento sobre todo cos cambios, aínda que nunca lle perdeu a cara ao partido.

O primeiro gol foi obra de Borja López, ao rematar de cabeza un saque de esquina. O central aproveitou á perfección a súa estatura para superar á defensa local.

Pouco despois, Cardoso, un dos fabrilistas máis destacados da tempada no filial,  facía o segundo tanto de chute raso desde a frontal.

Deportivo: Lux, Laure, Manuel Pablo, Insua, Borja e Canella; Juan Domínguez, Lucas, Helder Costa, Conca e Toché.

Tras o descanso, tamén xogaron David, Cardoso, Queijeiro, Rise, Álex e Juanfran.

Goles: 0-1, m. 57: Borja López; 0-2, m. 60: Cardoso

Incidencias: Cheo en Vista Alegre. Gardouse un minuto de silencio polas vítimas do accidente aéreo dos Alpes.