RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou esta mañá a preparar a visita do Girona

O Deportivo, cos fabrilistas Francis e Edu Expósito, comezou a preparar esta mañá a visita do Girona ao Estadio ABANCA-RIAZOR, prevista para o luns 23 de outubro ás 21:00 horas (Gol), en choque da 9ª xornada de LaLiga Santander.

Xusto antes de iniciar o traballo, o cadro deportivista gardou un respectuoso minuto de silencio no centro do campo 1 polos falecidos por mor dos terribles incendios que estes días arrasan Galicia.

Con case unha semana por diante antes do encontro fronte ao equipo catalán, os que foron titulares o pasado domingo en Eibar realizaron só a primeira parte da sesión, cun quecemento, un exercicio de tres porterías e un partido de área a área. O primeiro en retirarse foi Andone; e a continuación fóronse ao vestiario o resto: Juanfran, Sidnei, Albentosa, Luisinho, Guilherme, Borges, Fede Cartabia e Fede Valverde.

A boa noticia protagonizouna Adrián, que realizou co grupo unha parte do traballo. O dianteiro asturiano aínda non ten a alta médica, do mesmo xeito que Pedro Mosquera, que tamén se adestra desde hai varios días con normalidade.

Para o resto do cadro, o adestramento continuou con varios exercicios de fútbol: transicións individuais...

Seguen á marxe do grupo Rubén Martínez, Carles Gil e hoxe Emre Çolak, cunha escordadura de nocello.

Mañá mércores, o equipo está citado de novo en Abegondo ás 10:30 horas.