RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor comezou hoxe a preparar o partido ante o CD Lugo só con Dani Giménez e Salva Ruiz á marxe

O Deportivo comezou esta mañá a preparar o partido ante o CD Lugo deste domingo 1 de marzo en ABANCA-RIAZOR (16:00 horas, #Vamos).

Só Dani Giménez e Salva Ruiz tiveron adestramento específico. Todos os demais futbolistas, incluídos os canteiráns Mujaid, Álex Cobo, Boian e Juan Rodríguez, adestráronse no céspede da Cidade Deportiva.

Fernando Vázquez, após un quecemento e unha tarefa de posesión, dispuxo un circuíto físico con finalizacións e un partido a metade de campo 3. Todo iso por espazo de 2 horas.

Mañá xoves, o cadro está citado en Abegondo ás 9:30 para almorzar; e saltar ao campo a partir das 10:30 horas.