Borja Jiménez concedeu mañá domingo 7 de agosto xornada de descanso para o Deportivo.
O cadro branquiazul está citado o luns 8 ás 09:00 en Abegondo para arrincar unha nova semana de pretemporada, semana grande coa disputa o sábado 13 en ABANCA-RIAZOR da LXXVII edición do Trofeo Teresa Herrera ante o FC Metalist Kharkiv de Ucraína.