RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor encara desde mañá martes a última semana ligueira que concluirá o sábado ante o Unionistas

O Deportivo encara desde mañá martes 24 de maio a última semana de liga que concluirá o sábado 28 en ABANCA-RIAZOR ante o Unionistas de Salamanca CF, en partido que se xogará con horario unificado ás 18:30 horas (TVG-2, Footters e Fuchs Sports).

A penúltima xornada de liga do pasado sábado serviu para certificar o segundo posto do grupo 1º de Primera RFEF para o Dépor ao sumar 74 puntos por 69 do terceiro clasificado, o Racing de Ferrol.

Así pois, o equipo branquiazul medirase na primeira eliminatoria do definitivo playoff de ascenso ao quinto clasificado do grupo 2º. Tanto neste partido como nunha posible final, ao Deportivo válelle un empate ao final dunha hipotética prórroga para pasar, pois o regulamento non estipula que haxa que desempatar con lanzamentos desde o punto de penalti e premia coa vitoria ao equipo que lograse unha mellor posición na liga regular.

Todos os adestramentos desta semana serán matinais en Abegondo e un deles, o do venres 27, terá lugar en ABANCA-RIAZOR a porta pechada.

Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, o cadro reunirase para almorzar nas instalacións habilitadas a tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 24 de maio
10:30 h., en Abegondo

Mércores 25 de maio
10:30 h., en Abegondo

Xoves 26 de maio
10:30 h., en Abegondo

Venres 27 de maio
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR (a porta pechada)

Sábado 28 de maio
18:30: Deportivo - Unionistas de Salamanca CF, en ABANCA-RIAZOR