RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor enfócase no balón parado nunha mañá de menor intensidade

O Deportivo rebaixou esta mañá a carga de traballo a dous días da visita do DUX Internacional de Madrid a ABANCA-RIAZOR se finalmente o equipo madrileño, sen actividade deportiva durante o verán, preséntase na Coruña na primeira xornada de Primera Federación.

O corpo técnico arrancou esta mañá cun quecemento con xogos e rondos; e ensaio de accións a balón parado no transcurso dun partido.

Borja Granero, Olabe e Raúl Carnero estiveron hoxe con traballo personalizado; do mesmo xeito que Diego Villares, que si realizou xa algunha tarefa co grupo como estes días pasados.

Jairo e Tim Caroutas foron hoxe os representantes de #ANOSACANTEIRA.

En rolda de prensa, Borja Jiménez recoñece que "ter unha semana así é complexo porque os días principais de semana foron o martes e o mércores. Hoxe non sabes se tes que controlar un pouco máis a carga ou non porque non se vai a disputar o partido".

Explica que "o adestramento de mañá venres depende de que se poida xogar o sábado; o do sábado depende de se temos que acudir ou non a ABANCA-RIAZOR. En función de todas esas variables haberá que decidir se xogamos ou non o domingo. É un sudoku complicado de resolver. Agora mesmo cremos que non van vir pero non temos ningunha notificación pois nós seguimos coa semana normal".

Así pois, aclara Borja Jiménez ante os medios de comunicación, "mañá venres descarga o equipo. O sábado pola mañá faremos unha sesión preparatoria e logo a competir o sábado pola tarde. ¿Que non se xoga o partido? Buscaremos unha solución a última hora para tentar competir porque xa partimos en desvantaxe respecto ao resto de rivais. Non imos poder participar na primeira xornada, co que significa o poder empezar a competición á vez que os demais, esa sensación de que todo comezou... Ímolo a levar unha semana máis tarde".

Por conseguinte, mañá venres o cadro realizará unha actividade lúdica en Karting Marineda a partir das 9:45 horas e non haberá adestramento na Cidade Deportiva.