O Dépor ficha a Adrián, un dianteiro de 18 anos procedente do Real Oviedo
O Deportivo atou ao mozo Adrián, unha punta de 18 anos que vén do Real
Oviedo. O futbolista xa está na Coruña e este venres pasará recoñecemento
médico a partir das 10 horas no Hospital Modelo. Lucirá o dorsal número
12.