RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor fixo fincapé esta mañá no traballo defensivo

Óscar Cano insistiu esta mañá nunha tarefa defensiva de cara á próxima cita ligueira, este domingo 11 de decembro ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR ante o Racing de Ferrol, en partido correspondente á 16ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

O técnico branquiazul dispuxo no campo 2, após un quecemento, rondos e progresivos, un partido 11 contra 11 no día forte da semana. Como é habitual neste exercicio, o adestrador branquiazul ordenou continuos cambios de posicións e de futbolistas durante ese partido.

Brais Val foi o representante de #ANOSACANTEIRA nunha mañá na que só Antoñito tivo adestramento individualizado. "Está entre algodóns. Tivo unha sobrecarga e por iso pediume o cambio o día de Badaxoz. Hoxe está mellor. Esperemos que mañá aínda estea mellor e esperemos que podamos contar con el para o domingo", manifestou este mediodía Óscar Cano en rolda de prensa.

Mañá sábado o Dépor realizará un último ensaio previo ao partido ante o Racing de Ferrol. Será en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada, a partir das 10:30 horas.