RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor perde o partido e algo máis en Badaxoz (1-0)

Após as dúas vitorias consecutivas lonxe de ABANCA-RIAZOR e senllos empates en casa con boas sensacións, o Dépor buscaba en Badaxoz a terceira nunha semana cargada de partidos clave. Para afrontalo Óscar Cano só fixo unha mínima rotación en defensa coa inclusión de Pablo Martínez en lugar de Jaime.

O encontro comezou con moita prudencia entre ambos os equipos, unha sensación inicial que acabou prologándose durante case todo un choque sen apenas ocasións.

Houbo que esperar ao minuto oito para unha chegada de perigo por mediación de Alberto Quiles que acomodouna para a zurda e desde a frontal da área marchouse lixeiramente desviado ao tocar na zaga local.

A primeira intervención de Kike Royo chegou nun cambio de orientación de dereita a esquerda, de Antoñito a Raúl pasando por Rubén Díez, que o lateral coruñés golpeou raso para que o porteiro local blocase abaixo. Foi, finalmente, o único disparo deportivista do encontro entre o tres paus.

Entre medias, dominio do xogo deportivista e un par de tímidas aproximacións do Badajoz en xogadas a balón parado, que maioritariamente incomodou así ao Dépor.

O segundo tempo arrincou cunha entrada por banda esquerda de Adilson e un servizo ao momento de penalti a Calderón que, entre os defensas do Dépor, Martínez tirándose ao chan e Lapeña de pé, puideron interceptar. Máis clara aínda foi no minuto 60 á saída dun córner cando o Badajoz estrelou o remate de cabeza no pau e completou a acción defensiva o recentemente ingresado no terreo de xogo Gorka Santamaría.

Nunha xogada de ataque Deportivista Os Nosos perderon un efectivo nunha xogada na que Mario Soriano quixo recuperar o balón que lle acababan de roubar, pero con tanta contundencia que recibiu cartón vermello directo. A súa baixa únese á de Olabe por acumulación de cartolinas amarelas para o partido do domingo en ABANCA-RIAZOR contra o Racing de Ferrol.

A partir de aí o Dépor tratou de aguantar o punto que tiña nese momento ante un Badajoz que atacaba con máis intensidade, pero sen xerar perigo claro na área de Ian Mackay. E cando parecía que o traballo ía dar os seus froitos, na última xogada, a 10 segundos do asubío final, unha xogada por banda dereita con centro ao punto de penalti para que Francis Ferrón, cun remate de cabeza de libro, fixese perder un punto ao Deportivo que xa se deixara en Badaxoz dúas posibles alternativas futbolísticas por culpa das amoestacións.

CD Badajoz: Kike Royo, Mariano Gómez, Carlos Cordero, Gianluca Mancuso (Javi Ros, min. 68), Borja García, Raúl Palma, Carlos Calderón (Zelu, min. 79), Jesús Alfaro, Adilson Mendes, David Soto (Acuña, min. 79) e Edu Sánchez (Francis Ferrón, min. 71).

RC Deportivo: Mackay, Antoñito (Trilli, min. 58), Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Rubén Díez, Olabe (Villares, min. 76), Isi Gómez (Yeremay Hernández, min 54), Quiles (Kuki Zalazar, min. 76), Svensson (Gorka Santamaría, min. 58) e Mario Soriano.

Goles: 1-0 Francis Ferrón (min. 90+6).

Árbitro: Muñoz Pedra (c. andaluz). Amoestou a Olabe (min. 22), Raúl Palma (min. 54), Rubén Díez (min. 82), Villares (min. 90+2). Expulsou con vermella directa a Mario Soriano no minuto 64.

Incidencias: partido da 15ª xornada de Primera Federación disputado no Estadio Cívitas Nuevo Viveiro de Badaxoz.