RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor ponse desde mañá a darlle voltas porque imos primeiros, os rivais (agora o CF Rayo Majadahonda) prepáranse, queren gañarnos

O Dépor, que goza hoxe luns da súa segunda xornada de descanso, ponse en marcha mañá martes en Abegondo coa vista posta na visita ao CF Rayo Majadahonda, prevista para este sábado 23 de marzo ás 18:00 no Cerro do Espino (FEF TV).

En rolda de prensa após o partido ante a CE Sabadell FC en ABANCA-RIAZOR, Imanol Idiakez proponse "tentar gozar do camiño e prepararnos ben a semana que vén, que nos volvemos a enfrontar a un equipo que se xoga a vida e que nolo vai a pór moi difícil".

O técnico branquiazul subliñou que ao Dépor "temos que darlle voltas porque imos primeiros, os rivais prepáranse, queren gañarnos, o que fan é adestrar para tentar pecharnos as vías de ataque".

Así pois, "dareille todas as voltas que faga falta para axudar aos meus xogadores a atopar mellores solucións no xogo", promete.

Lucas Pérez, en zona mixta o pasado sábado, pediu "analizar o partido esta semana e ver onde podemos mellorar porque isto é o que nos espera até final de temporada, que os rivais nolo poñan moi difícil".

Os resultados da última xornada, co empate en ABANCA-RIAZOR ante a CE Sabadell FC (1-1), deixou ao equipo branquiazul líder unha semana máis do grupo 1º con 52 puntos; por 51 puntos do FC Barcelona Atlétic e Nástic de Tarragona; e 50 puntos da SD Ponferradina.

Os Nosos disporán desde mañá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva previos ao partido en Majadahonda, con almorzo previo xa na instalación para o cadro cada día a partir das 8:30.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 19 de marzo
11:00 h.

Mércores 20 de marzo
11:00 h.

Xoves 21 de marzo
11:00 h.

Venres 22 de marzo
11:00 h.

Sábado 23 de marzo
18:00: CF Rayo Majadahonda - Deportivo, na Cidade Deportiva Cerro del Espino