O Dépor regresa á Coruña e adestrarase de novo o martes en Abegondo
Á conclusión de #ONOSODERBI o Deportivo iniciou o seu regreso á Coruña.
Clarence Seedorf citou aos seus futbolistas o martes 8 ás 17:00 en Abegondo para unha nova sesión de adestramento.
O próximo compromiso ligueiro será o sábado 12 de maio no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Villarreal CF ás 18:30 horas (Bein LaLiga), na despedida esta temporada do Dépor ante os seus afeccionados.