RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor regresa esta noite e adéstrase de novo mañá domingo en Abegondo

Concluído o encontro no Anexo ao Estadio José Zorrilla, o Dépor emprende viaxe de regreso por estrada á Coruña.

Borja Jiménez citou ao seu cadro de novo mañá domingo 22 de maio ás 11:00 en Abegondo para unha sesión que será de recuperación para os titulares esta noite; e máis intensa para o resto.

O vindeiro sábado 28 de maio o Dépor pechará a liga en ABANCA-RIAZOR ante Unionistas de Salamanca CF, en partido que se xogará con horario unificado ás 18:30 horas (TVG-2, Footters e Fuchs Sports).