RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor retoma o traballo co cadro dividido en dous grupos

O Deportivo, hoxe co meta fabrilista Pedro López incluído, comezou a preparar a visita do Granada CF ao Estadio ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 6ª xornada de LaLiga 1|2|3 que se xogará o luns 24 de setembro (21:00 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV).

Para iso, Natxo González dividiu ao seu cadro en dous grupos. Os titulares o pasado sábado en Alcorcón tiveron tarefas de recuperación, ás ordes de Fran Molano. Foron: David Simón, Domingos, Pablo Marí, Álex Bergantiños, Pedro, Vicente Gómez, Didier Moreno, Fede Cartabia e Carlos Fernández.

Para os demais, o adestramento foi de alta intensidade, cun circuíto físico con finalizacións, un exercicio de posesión e fútbol en espazo reducido.

Adestráronse á marxe do grupo, con tratamento médico e de fisioterapia: Borja Valle, Diego Caballo e Dubarbier.

Mañá martes, o cadro está citado de novo ás 11:00 horas en Abegondo para unha nova sesión de adestramento.