RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor retomou os adestramentos esta mañá con 14 xogadores no céspede

O Deportivo retornou aos adestramentos esta mañá en Abegondo nunha semana sen fútbol de competición.

Fernando Vázquez dispuxo unicamente de 14 futbolistas ás súas ordes, incluídos os canteiráns Pablo Brea e Juan Rodríguez.

Para este grupo de xogadores houbo un quecemento con rondos, un circuíto de forza, unha tarefa táctica e fútbol en espazo reducido no campo 2 do complexo branquiazul. Unha serie de carreiras puxo o punto e final ao adestramento sobre o céspede.

Adestráronse á marxe do grupo Miku; Keko; Derik, con molestias nos aductores; Bóveda, con molestias nun bíceps femoral; e Borja Granero, Héctor e Claudio Beauvue, todos eles con molestias nun xeonllo.

Ademais, Uche estará de permiso até o próximo 1 de xaneiro.

Finalmente, Gandoy e Adri Castro estarán illados dez días após dar positivo en COVID-19. Ambos os futbolistas están en bo estado de saúde pero gardarán a pertinente corentena, tal e como estipulan as autoridades sanitarias, que xa foron debidamente informadas.

Mañá martes, o cadro está citado ás 10:30 en Abegondo para unha nova sesión.