O Dépor xa coñece os horarios de toda a segunda volta, excepto os das dúas últimas xornadas
A RFEF fixo públicos esta tarde todos os horarios dos partidos da segunda volta da competición en ambos os grupos, fóra das dúas últimas xornadas nas que, como marca o seu regulamento cada temporada, débense xogar en horario unificado partidos que afecten a calquera posición relevante da clasificación final.
Deste xeito, menos os partidos dos dúas últimas fins de semana de maio, en Valladolid contra as Promesas e en ABANCA-RIAZOR fronte a Unionistas, o Dépor xa coñece cando disputará todos os seus partidos após o que o domingo 23 enfróntalle ao DUX Internacional de Madrid (12:00 h. Municipal de Villaviciosa de Odón, Footters)
Este é o calendario que deberá afrontar o equipo de Borja Jiménez:
Xornada 20: mércores 26 de xaneiro, 21:00 h. Zamora CF-Dépor
Xornada 21: domingo 30 de xaneiro, 19:00 h. Dépor-Real Racing Club de Santander
Xornada 22: sábado 5 de febreiro, 19:00 h. Dépor-Real Unión
Xornada 23: venres 11 de febreiro, 21:00 h. SD Logroñés-Dépor
Xornada 24: domingo 20 de febreiro, 17:00 h. Dépor-CD Calahorra
Xornada 25: domingo 27 de febreiro, 12:00 h. UD San Sebastián de los Reyes-Dépor
Xornada 26: sábado 5 de marzo, 19:00 h. Dépor-Racing Club de Ferrol
Xornada 27: sábado 12 de marzo, 19:00 h. CD Badajoz-Dépor
Xornada 28: sábado 19 de marzo, 19:00 h. Dépor-CyD Leonesa
Xornada 29: domingo 27 de marzo, 12:00 h. Celta B-Dépor
Xornada 30: sábado 2 de abril, 19:00 h. Dépor-Rayo Majadahonda
Xornada 31: domingo 10 de abril, 12:00 h. Athletic B-Dépor
Xornada 32: domingo 17 de abril, 12:00 h. Dépor-Dux Internacional de Madrid
Xornada 33: venres 22 de abril, 21:00 h. CF Talavera-Dépor
Xornada 34: sábado 30 de abril, 19:00 h. Dépor-UD Logroñés
Xornada 35: sábado 7 de maio, 19:00 h. Extremadura UD-Dépor
Xornada 36: domingo 15 de maio, 17:00 h. Dépor-CD Tudelano