RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Deportivismo dá a benvida a todas as fichaxes do Deportivo en Marineda City

A praza Emilia Pardo Bazán de Marineda City foi o escenario, esta tarde, da presentación da colección Kappa 2022-2023 do RC Deportivo. As novidades presentáronas todas as fichaxes desta temporada do Dépor ABANCA e do Dépor, xunto a compañeiros e compañeiras do Dépor Genuine e de #anosacanteira.

Após a actuación da Rock School Coruña, coa voz de Jesús Suárez á cabeza, que pechou o set list de temas co seu 1906, canción homenaxe ao Dépor, os protagonistas no escenario foron os futbolistas branquiazuis. 

Carlota Suárez, Edu Sousa, Gorka Santamaría, Henar Muiña, Ibai Gómez, Isi Gómez, Lorena Reina, Lucía Alba, Marta Charle, Max Svensson, Millene Cabral, Pablo Martínez, Raúl Carnero, Retuerta, Roberto Olabe, Rubén Díez, Samara Ortiz, Sara Navarro, Víctor Narro, Yohana Gómez e Zalazar recibiron o caloroso recibimento de centos de deportivistas presentes que recibiron a cambio balóns cargados de premios: camisetas, experiencias VIP en ABANCA-RIAZOR, abonos do Dépor...grazas a Marineda City, patrocinador do Club.

Letti Sevilla non puido estar pola lesión que padece, pero si o fixeron Antonio Cagiao, Sasha López, Carmen Durán e Miguel Rivas, do Dépor Genuine, xunto a Álvaro Gómez, Jorge Fernández, Thiago López e Bruno Abelenda, xogadores dos equipos alevín e benxamín do Dépor.

Con lanzamento de confeti, o himno do Dépor e firma de autógrafos e fotos cos protagonistas púxose punto final a unha bonita hora de música e deportivismo en Marineda City.