O Deportivo ABANCA B supera ao Victoria FC B, primeiro escollo copeiro
Nun disputado e entretido partido, o Deportivo ABANCA B venceu en Santiago ao Victoria FC B (2-3) e clasificouse a cuartos de final da Copa Galega de Primeira Autonómica Feminina. Alba Suárez -2- e Patri foron as autoras dos goles branquiazuis.
Deportivo ABANCA B: Miralles, Antía, Lara, Alba Martínez, Alba Pérez, Patri, Sara Piñeiro, Alba Suárez, Carlota, Vero e Michelle Romero. Tamén xogaron: Ari, Ainhoa, Carmen e Sofía.
En cuartos de final, tamén a partido único, o rival do equipo deportivista será o Torre. O encontro xogarase en Ponte dos Brozos (Arteixo), en data e hora aínda por designar.